Jump to Content

Acceso máis rápido, seguro e sinxelo. Inicia sesión con Google cun só toqueciño.

Se usas a túa Conta de Google, os procesos de rexistro e inicio de sesión resultaranche máis seguros e cómodos. Así poderás dedicar menos tempo a lembrar nomes de usuario e contrasinais, e máis a desfrutar das túas aplicacións e sitios favoritos.

Un cursor pasa por enriba do botón Iniciar sesión con Google na pantalla dun ordenador portátil. Arredor dela, flotan diversas iconas de aplicacións. A carón do portátil hai un dispositivo móbil no que tamén se ve o botón Iniciar sesión con Google.
  • Inicia sesión sen problemas

    Fácil e seguro: crea contas ou inicia sesión nas túas aplicacións e sitios favoritos sen andar ás voltas con nomes de usuario e contrasinais.

  • Usa calquera dispositivo

    Inicia sesión de forma fluída e homoxénea en todos os navegadores e dispositivos que uses, tanto de iOS como de Android.

  • Controla as túas conexións

    Mantén o control das túas aplicacións e sitios: comparte de forma segura información da conta (o teu nome, enderezo de correo electrónico, imaxe do perfil…) e xestiona o acceso a aplicacións de Google, como Drive.

  • Obtén máis protección con Google

    Xa podes despedirte dos inicios de sesión pouco seguros e dos contrasinais reutilizados. Usa a túa Conta de Google para iniciar sesión de forma segura. Deste xeito, os teus contrasinais gardaranse en menos aplicacións e sitios, polo que os teus datos estarán máis protexidos.

Como usar Iniciar sesión con Google

Accede facilmente ás aplicacións e sitios que máis che gusten coa túa Conta de Google

Na aplicación ou sitio, fai clic no botón Iniciar sesión con Google

Escolle a Conta de Google que queres usar

Se é a primeira vez que accedes, comparte o nome, o enderezo de correo electrónico e a imaxe do perfil da túa Conta de Google para iniciar sesión na aplicación ou servizo
Algunhas aplicacións quizais che pidan outro tipo de datos, como o enderezo ou o número de teléfono, que poderás xestionar en todo momento na configuración da Conta de Google

Accede á aplicación ou sitio

Pois xa está! Tes a sesión iniciada!
A próxima vez poderás volver acceder facilmente coa mesma Conta de Google

Un dispositivo no que se ve unha pantalla de inicio de sesión. Debaixo dos campos do nome de usuario e do contrasinal, móstranse as opcións para crear unha conta ou para iniciar sesión con Google. O botón Iniciar sesión con Google amplíase e sobresae da pantalla. Un cursor fai clic nel.
Unha ventá emerxente ocupa a pantalla do dispositivo. Pídeselle ao usuario que escolla a Conta de Google coa que quere acceder á aplicación ou que engada outra conta. O cursor selecciona unha conta.
A ventá emerxente cambia para pedirlle ao usuario que permita o inicio de sesión con Google na aplicación. O cursor fai clic no botón de continuar. A ventá péchase. Na pantalla móstrase unha aplicación cargando.

Inicia sesión con máis seguranza grazas á protección fiable de Google

  • Proceso seguro de forma predeterminada

    O proceso de inicio de sesión seguro e rápido que mereces. Iniciar sesión con Google limita o número de lugares nos que se almacena a túa información en liña para protexerte fronte ás violacións da seguranza dos datos de terceiros.

  • O control, nas túas mans

    Xestiona a información que queiras compartir con cada sitio e aplicación de terceiros, e actualiza a configuración sempre que o desexes desde a túa Conta de Google.

  • Privacidade integrada desde o deseño

    Google non emprega a información nin a actividade de Iniciar sesión con Google en ningún outro dos nosos produtos nin para mostrarche anuncios. Seguimos prácticas estritas relacionadas cos datos co fin de protexer a túa privacidade.

As túas aplicacións e sitios favoritos, a só un toque